Voz Audiovisual

Este mércores estreáse "Come a Comarca" a partir das 22:30h na TVG

17/3/2020

"Come a Comarca" é o novo programa de televisión de Galicia no que cinco cociñeiros afeccionados viaxan a cada unha das comarcas galegas para coñecer os seus pratos típicos e enfrontarse aos mellores cociñeiros profesionais de cada comarca facendo os pratos nos que son especialistas.
Neste primeiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Bergantiños para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: salpicón de rape, fabas con abadexo e pan de ovo.

Rocío Martínez, xefa do restaurante Pementa Rosa, será a encargada de guiar aos concursantes pola gastronomía de Bergantiños. Estes irán á peixaría Barrena, en Ponteceso, a aprender a limpar, desespiñar e tratar o rape. En Mens, Malpica, aprenderán á apañar e cociñar fabas da man de Antonio e Lola, agricultor e cociñeira, respectivamente. E por último visitarán a panadería Mesejo, en Carballo, para que lles ensinen a amasar e trenzar a sobremesa máis característica da comarca, o Pan de Ovo.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, no Mercado Municipal de Carballo, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Ana Pose do restaurante Zúric (Laxe), Marisol Martínez e Laura Ramos do restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños) e Chelo Fuentes e Adrián Agrelo da Panadería Garcos (Coristanco). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida que equipo Come a Comarca de Bergantiños.

LA VOZ DE GALICIA | RADIOVOZ | SONDAXE CANALVOZ | FUNDACIÓN | VOZ NATURA | PRENSA ESCUELA | MÁSTER | GALICIA EDITORIAL | CORPORACIÓN |        Aviso legal | Privacidad | Condiciones generales